Esta páxina permíteche ocultar facilmente os datos privados do teu DNI. Ás veces pódenche pedir unha copia do DNI, pero o que non hai que facer é mandalles unha foto tal cal xa que se cae en malas mans pode causarche graves problemas.
Aquí podes bloquear os datos que non son necesarios e sobreescribir un texto para que non o poidan utilizar con outros propósitos, desta maneira a imaxe que compartas será única para evitar que a reutilicen.
Para comezar, preme no botón de elixir foto e continúa cos pasos seguintes.
Todo este proceso realízase unicamente no teu navegador, non se envían os datos a ningunha parte.
Foto
Tipo de foto
Elixe se estás a usar a foto dianteira ou traseira do DNI; podes axustar o tamaño e posición do DNI a continuación.
Posición
Axusta a orientación e posición para que o DNI se vexa correctamente.
Texto
Escribe un texto para engadir sobre a imaxe.
O destinatario engádese automaticamente ao texto. Podes editar o texto completo directamente.